10875 temas (10779 sin leer) en 51 canales
Melide
(9498 sin leer)
Santiso
(326 sin leer)
Palas
(534 sin leer)
Sobrado
(412 sin leer)
Lalin
(9 sin leer)
(13 sin leer)
Non é preciso dicir que son un defensor do DNIe, polas vantaxes que achega de cara á identificación na Rede e, en boa medida, como sistema que evita a introdución de datos de identificación nas páxinas web de entidades bancarias (polo que aínda que teñamos un keylogger instalado no noso equipo, sen ter o DNIe físico, non poderán entrar na nosa conta corrente).
Como esta nova tecnoloxía que entre outras cousas achéganos á Administración non é moi coñecida, é preciso realizar campañas de divulgación como a que estes días tivo lugar na Coruña, e da que deron conta esta mañá no Bos Días:
Uff, ¡quedei flipadísimo ao ver a reportaxe! Concretamente a partires do minuto 1:30, onde ilustran perfectamente cómo non colocar un DNI electrónico no seu correspondente lector USB. Non hai que ser un lumbreras para saber que o chip do DNIe ten que ir dentro do lector (coma, por exemplo, coas tarxetas do bonobús) pois polo momento os nosos documentos de identidade non van por radiofrecuencia (por fortuna).
A metadura de zoca non tería a maior importancia se non fose porque estamos a falar dunha sesión de formación. Así pois, á pregunta inicial da reporteira (¿realmente sabemos cómo empregalo?) a resposta é clara: non. Agardo que isto só sexa unha anécdota, e realmente estean a fomentar a pé de rúa o uso do DNIe, para que cada vez teñamos máis servizos da eAdministración dispoñibles e non teñamos que desprazarnos ás dependencias públicas a facer cola e cubrir formularios.




Y ya que saco el tema, no se pierdan la escalofriante galería de ventrílocuos y sus muñecos recopilada por Monster Word (y descubierta por mi a través de El Blog Ausente ).

[9 de marzo de 2010]
Ás 13 h. do martes 9, a alcaldesa, Socorro Cea, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Casé Rodríguez, presentarán en rolda de prensa unha tirada de dez trípticos monográficos que o Concello vén de elaborar con motivo do Día da Muller, e nos que se recolle a vida e obra doutras tantas mulleres protagonistas da cultura e sociedade galega de todos os tempos, e que ademais dan nome a rúas de Melide. No Centro Social de Melide.
Máis información na Oficina de Información Xuvenil (Tlf: 981.50.79.29)
Os que posúan o título de familia numerosa tes un desconto do 50%. Ambos descontos non son acumulables.
[9 de marzo de 2010]
Como cada martes dos meses de febreiro e marzo, dende as 10.30h no Centro Social haberá clases de patchwork para maiores de 65,
unha técnica de manualidades con distintas teas.
Cando mo dixeron non daba creto, pero si. Semella que o conselleiro Varela, non contento con chamar mediocre á cultura que debería defender, agora dá outra volta de rosca e nos vén coa aplicación do bilingüísmo harmónico á nosa toponimia. Fíxoo en Fitur, Madrid, co gallo da presentación do proxecto turístico Terras de Ulla e Tambre. Enumerou os concellos adheridos a esta mancomunidade, e saíronlle perlas coma Toro, por Touro; ou Desván de los Monjes, por Sobrado dos Monxes. Cabe supor que o fixo de boa fe, para que os non galegofalantes asistentes ao acto, nomeadamente a prensa, entendesen tan abstrusos topónimos. Se así é, demostrou ben máis pouca culturiña cá que se lle supón ao conselleiro do ramo. Máis que nada, porque a palabra “Sobrado” existe na lingua de Cervantes con idéntico significado ao que lle damos aquén do Padornelo (o que debería botar por terra a explicación de que lle meteron a machado un tradutor automático). O rizo rizouse de xeito do máis barroco cando o conselleiro, ante a petición de explicacións de Carme Adán (BNG) cualificou de estúpidos a aqueles que cresen que el puido ter dito semellante disparate. Por desgraza para el, fora gravado en vídeo e velaí o está. Fago miñas as palabras do Presidente Feijoo dedicadas a Rosa Díez: “Non ofende quen quere. Ofende quen pode”. E vostede, señor conselleiro, a estas alturas, xa non pode ofendernos. Se cadra, prodúcenos un pouco de mágoa que vostede sexa o embaixador da riquísima cultura que ferve neste país. Pero tampouco se podía agardar máis vindo de onde vén.
