
OZA DOS RÍOS B: 0----
CIRE MELIDE : 4
ALIÑACIÓN: Perilla, Alberto, Pucha, Deve, Bruno, Suso, Ico, Peque, Jechu, Krinkas e Garea.tamén xogaron min.45, Rafita, Manu, min. 60 Luigi, min. 85 Kachón.
GOLES: Jechu 3 e Krinkas. Mellor xogador partido: Perilla e Bruno--
DESTACADOS: Krinkas e Garea, ---XOGADOR BAILARINA: Ico
TITULAR:
PARTIDO IRREGULAR CON MOITAS BAILARINAS NO CAMPOPode ser que o resultado final, engane a gran maioría, e por enriba os chatarreros de futbolistas que saltaron ao campo de Oza dos Ríos, salgan coa inequívoca sensación de haber feito un partidazo, pero nada máis lonxe da realidade, e o marcador para min reflicte un tanteo demasiado abultado, destacando eso si a pegada inicial de Krinkas cun gol importantísimo, nos primeiros compases.
O Oza B, levaba 9 xornadas sen coñecer a derrota, con victoria recente sobre o Abellá ou o empate perante o San Martiño, polo que tiña moito mérito a súa traxectoria.Os coruñeses fieies a súa filosofía, optaron por un desenrolo do encontro, incidindo na parcela física, con batallas corpo a corpo, e un pressing agobiante sobor do poseedor do balón, pero no achique de espazos, coas liñas moi xuntas, pecaron e careceron de velocidade de traslación, para orientar e bascular á mesma velocidade que se movía o balón.
Nas tarefas defensivas, os chacaritas melidenses, tiñan orde de circular o coiro con rapidez e precisión, tentando dar amplitude o xogo, evitando pases curtos e repetitivos, para non conceder contras ao rival, e de paso sair da súa presión, facendo dano cos múltiples espazos que quedaban por ambos flancos.ICO, xa se borrou de principio desa guerra física, e por enriba a súa lentitude para organizar e crear xogo ofensivo, provocou unha zona medular libre, con moitos ocos, aos que SUSO, non daba chegado. As bandas, desaparecidas, tanto PEQUE E JECHU, teñen dependencia do balón, pero sen él lles custa moito reorganizarse en posicións de inicio,pensan que por estar máis arriba, vamos chegar antes a portería ou facer más dano, pero non se dan conta, de que no fútbol, o esencial non é estar, o primordial é chegar.
Ese desequilbrio na medular, outorgou aos locais unha posesión inocua do esférico, pero que daba certo aire á inquietude, pois un gol os podería espolear.Por enriba ao non ter a lectura do xogo correcta, nin medir as pausas do mesmo, o duelo rachou con duas liñas de xogo a ofensiva e a defensiva, deixando 25 mtros de parcela medular a libre albedrío.
A mala medición dos espazos, a carencia de criterio, e a clara ruptura existente, provocaba, que os nosos interiores tivesen que percorrer unha autopista de ida e volta, para recuperar posicións, cun claro desgaste físico, que non nos beneficiaba en absoluto.

CANDO UN EQUIPO PERDE A ESTRUCTURA DE BLOQUE, E ESTÁ MAL COLOCADO, CORRE O DOBLE E O SEU ESFORZO AÍNDA POR RIBA SÓ SE APROVEITA A METADE.
Tivemos sorte, de marchar con 0-2 aos vestiarios, para na segunda parte corrixir algúns dos numerosos erros cometidos.A situación mellorou algo no inicio do segundo acto, froito da cal tivemos momentos de moito perigo e bo xogo, pero co 0-3, volvemos a tolear, incidindo en erros pasados, exceso de individualismo, e pases de mentira.Moitos dos chatarreros melidenses, volvéronse bailarinas, deixándose levar polos cantos de serea, dunha pista de baile imaxinaria.......EU PENSO AS VECES, OU MELLOR DITO, ASEGURO, QUE OS MEUS FUTBOLISTAS SON MASOQUISTAS, SÓ ASÍ SE ENTENDE TAL MAGNITUDE DE ERROS PROVOCADOS, A SABENDAS DE QUE NON VAN A NINGÚN LADO........XA DARÁN COAS SÚAS TESTAS CONTRA A PAREDE...E DESPOIS AO MELLOR NON TEREMOS TEMPO DE REMEDIALO....UNHA MÁGOA...
Xa remato, para que Riki, non me bote o sermón por tanta parrafada.....
Xa que Francis me deixa un oquiño só dar dous apuntes anecdóticos:
1º:
*CHACARITA: É un dos barrio nos que se divide a cidade de Bos Aires, e o seu nome provén do dininutivo de "Chácara" ou "Chacra", voz indíxena quechua que significa "granxa" ou "quinta". Son moi coñecidos o Cemiterio da Chacarita, lugar onde descansan xente ilustre como por exemplo Carlos Gardel (alí tamén estivo soterrado Castelao ata a traslación dos seus restos o Panteón de Galegos Ilustres en Bonaval, Compostela), e o equipo de fútbol centenario denominado Chacarita Juniors que actualemente compite na Primeira Arxentina.2º: Comentario aparecido en Siguetuliga con respecto ó partido de Oza:"OZA B O MELIDE 4
INDISCUTIBLE LA SUPERIORIDAD DEL
CIRE, CREO QUE EL MEJOR EQUIPO QUE HE VISTO EN LATEMPORADA. ENHORABUENA Y SUERTE CON EL ASCENSO.
A LOS CHICOS DEL OZA DECIRLES QUE NO DECAIGAN, ESTAMOS HACIENDO UNA BUENA CAMPAÑA. Yomisma "Seguidor del Oza".