Co
triunfo volve tamén titulares Humberto a facer presencia, no que foi un partido equilibrado que o Melide rompeu o final do mesmo para obter un
3-7 final. O encontro comezou con dominio claro do Cedeira e so un
grandioso Guti e un pouco de sorte evitaron o gol dos locais, ainda asi pouco a pouco fomonos metendo no partido e primeiro Casal nunha contra e logo Ivan tiveron duas ocasions para adiantarnos. De todos xeitos
pouco tardaria Borja Casal en resarcirse e fixo o primeiro gol. O problema e xa nos ocurriu mais veces e que
nada mais sacar de medio chegou o empate nun erro no que un xogador local rematou solo no segundo poste. Non nos afectou en exceso este gol e os
casal brothers seguian o seu e asi Manuel fixo o 1-2 que nos daba novamente vantaxe. O partido seguia estando parexo e os dous equipos seguian tendo claras ocasións pero foi o
Cedeira o que faria o empate nun tiro lonxano a falta de 3 minutos, pero unha vez mais surxiron os
Casales e nunha gran xogada de contrataque facía o 2-3 a falta de so 3 decimas de segundo para o descanso. Na segunda metade seguimos nunha boa liña defensiva e tivemos o igual que na primeira metade un porteiro moi
seguro esta vez con Cris e asi, logo dun roubo na nosa area , volveron a sair os Casales a contra e
esta vez foi Borja o que fixo o cuarto. Neste intre o partido parecia que estaba controlado pero a falta de 10 minutos
volvemos a ter un pequeno atasco e Cedeira aproveitouno para poñer o 3-4 e por sorte non conseguiu empatar. Con este marcador e o partido complicado
apareceu Diego para facer o 3-5 no dia no que volvia unha volta despois de unha volta o equipo. Pouco despois foi Sergi o que daba mais tranquilidade o facer o 3-6. Con este marcador os
locais sacaron porteiro xogador pero o Melide defendeuno perfecto e incluso puido marcar Cris algun gol dende a porteria pero sería Manuel o que fixera o 3-7 definitivo no último minuto. Tonecho saiu con
Guti (18) na porteria,
Piston (2) de peche,
Iván (10) na dereita,
Manuel (11) na esquerda e
Casal (5) arriba.
Tamen xogaron Cris (23), Diego (4), Sergi (8), Manito (9), Bareto (12), Xurxo (16) e Carlos (17). O
xogador mais destacado e complexo pero vai a ir repartido para os
Casal Brothers, os porteiros, os peches Piston e Manito e o traballo en defensa de Bareto. A vindeira semana por motivos de que non temos o pavillón dispoñible temos que aplazar o encontro fronte o Ventorrillo, de todos os xeitos esa semana volvera o futbol sala a Melide logo de case dous meses xa que o Martes de carnaval as 18:00h xogase o encontro aplazado fronte o Ribeira FS segundo clasificado e que ven de golear o Arzua na casa. Agardamos a vosa presencia. Un saudo.