10873 temas (10777 sin leer) en 51 canales
Melide
(9496 sin leer)
Santiso
(326 sin leer)
Palas
(534 sin leer)
Sobrado
(412 sin leer)
Lalin
(9 sin leer)
Santiso (45 sin leer)



E así, ensinados dende pequenos a que o xornalismo é a arte de dicir a verdade e de dicila ben, esíxese dos xornalistas que sexan honrados, veraces, serios e independentes... coma se os xornalistas fosen unha clase autónoma ou representativa de algo. Craso erro.

A tan ansiada primeira victoria no Novo Zahorra produciuse por fin... E non só iso, senón que os primeiros goles marcados como locais sobre o céspede sintético tamén chegaron.
Pese a ser unha victoria merecida, non foi nada doada de conseguir. O Santiso comezou o encontro con ganas e dende o principio tentou crear xogo por medio do toque de balón. Pronto acadou a recompensa do gol por medio de Alberto Cordido nun remate axustado ó pao esquerdo dende o borde da área a pase de Alex. Mentres Alberto Cordido anotaba un gol histórico para o clube, Tono e Vanessa frotábanse as mans pensando na caña que os agardaba. Nese momento ninguén que estivera a ver o partido se imaxinaba os cambios que ía ter o marcador. Así, ó cabo duns minutos, na saída dun córner na que todo o equipo se quedou algo rezagado, un dianteiro do Balouta disparaba un potente tiro que se coaba por toda a escadra da meta defendida por Charli. Duro pao para o equipo local, máis aínda, cando pouco tempo despois, unha perda de balón no medio do campo propiciaba que o mesmo dianteiro visitante anotase o segundo gol. Con este resultado de 1-2 chegouse ó descanso.
A segunda metade principiou cun fútbol bastante trabado e moi directo no que o balón apenas paraba nas botas dos centrocampistas. Aínda así o Santiso seguía a ser algo superior ó Balouta sen que ningún dos dous tivera claras ocasións de gol. Ben avanzado o segundo tempo, Míchel conseguía o empate perforando a meta rival nun tiro de falta preto da área. Pouco durou a ledicia na parroquia do Santiso posto que uns instantes máis tarde o equipo local regalaba un balón ó borde da área que o Balouta non desaproveitaba e transformaba no terceiro tanto para os de Muimenta. Poucos minutos faltaban para que rematase o encontro pero os da casa non se viñeron abaixo, convencidos das suas posibilidades de darlle a volta ó marcador. Así foi como tras sacar de centro e recuperar o balón, Manuel culminaba cun tiro forte e case sen ángulo unha xogada pola banda dereita. Xa no desconto, o exceso de confianza do porteiro visitante, xogaríalle unha mala pasada cando tras regatear a Alfonso, tentou regatear tamén a Monchito pero éste fíxose co balón e enviouno ó fondo da rede sen ningún tipo de complicación.
En resumo, tres puntos que saben a gloria pola forma na que se acadaron, polo rival ante os que se acadaron e por seren os primeiros que quedan neste novo campo. Tarde chuviosa de domingo que tardaremos en esquecer...
Este cadro que Van Gogh chamou Noite estralada é para min unha explosión de cor e de fantasía que me fai lembrar ó Principiño de Antoine Saint Exupéry.
Na parte traseira daquele autobús que daquela me parecía enorme, viaxaban os animais na súa primeira e última viaxe en berlina, e como ás veces non cabían todos, os mozos ían na parte de arriba do autobús, con vista preferente.


Din que o home é un lobo para o home, e que as mulleres somos peor ca lobas para as mulleres.
ra, que baten co seu sanmartiño entre o San Ramón e o catorce da Ponte. Van Gogh debeu pensar nos galegos cando pintou Os comedores de patacas, porque non hai festa nin xantar mantedor no que non se coza na cociña económica unha potada de patacas.
Esto seica o di o estudio dunha revista americana, despois cadaquén di -ou pensa- o que lle parece, pero o certo é que existe -como di a canción- unha forza que nos une de dous en dous.
