
Acabo de chegar da Sala 600 de ver a actuación do “groveiro” Javier Veiga e saín bastante contento do “show”. Non porque se metera comigo e me cambiase incluso a “nacionalidade” ( from Brañas) senón porque fixo un monólogo fluido, áxil e divertido. Fala moi rápido pero enténdese todo e sen perder nada desa “RETRANCA” galega
(os que o víchedes xa sabedes ao que me refiro).
Acostumado a escoitalo nas canles de ámbito nacional, en castelán, debo dicir que en galego é case mellor que na lingua de Cervantes.
Se tedes oportunidade de ir a velo, ide, porque eses 12 ou 15€ van merecer a pena.
Para quen non o coñeza, aquí deixo un monólogo de cando traballaba no Clube da Comedia.
