Descubrín hoxe esta aplicación para bloggers maqueiros e ando a probala. Pinta moi, pero que moi ben. Para postear dende o escritorio, sen necesidade de abrir o navegador e dende múltiples plataformas. Probádea. Blogo.
Si, volvo. Para quedar? Non o sei. Só sei que me aptece escribir algo de novo. Frecuencia? Se vos puidera dicir un ritmo de publicación esta volta estaría morta antes de nacer. Así que só iso, volvo.
Si, estou ata arriba de choio. O traballo, cursos de verán, traballos para os seminarios de doutoramento… Non do a basto… Estes días pregúntome como fai Gago para postear catro veces ó día e sacar de diante a cantidade de traballo que saca… Seres superiores, sen dúbida Pois iso, que vos deixo un tema de [...]
Teño unha xoia, si. Debo ser dos poucos que xa ten o Nokia N95. Vai coma un tiro. Un día destes comentareivos máis. Hoxe tiña que poñer este vídeo, sentíame na obriga… Manolo, dedícocho É a solaina da casa de meu avó, en San Cibrao, comarca da Ulloa. Por certo, o ghato anda de quente, [...]
Pois iso, que “how strong seems to me…”. Teño que dicir que é compañeiro de promoción. Si, si, o das melenas… E estou vendo que a este a carreira cundiulle máis ca min… E como din polo máis recóndito de Emerald Island, “from lost to the river”. Vía Merillou (xa che vale, por certo )
Dáme un bo rollo esta canción que non é normal. Consegue animarme. Carlinhos Brown fai ese tipo de música á que é imposible negarlle un ritmo e sentido a cada nota e sílaba. O dito, que me gusta un juevo e parte do outro. Vê-la num largo, largo longo, ê, ê Sinto-me teu mi Traz [...]