
Desgraciadamente Melide bate unha triste marca ó situarse como un dos 40 concellos que teñen a soga ó pescozo. A súa alcaldesa, Socorro Cea (BNG) está incluída nesa lista negra dos corenta primeiros mandatarios galegos nos que a situación dos pobos que gobernan poderían entrar en situación de crack técnico. Quebra técnica, que en termos económico-financeiros non é outra cousa que cando aínda sendo o pasivo exixible superior ao valor do activo real, a empresa, neste caso o concello, non fixo cesación de pagos nin o estado legal de quebra foi declarado.Para entendelo mellor, habería que dicir que o que é a quebra formal, é dicir, unha situación na que o valor do pasivo é maior que o valor do activo, de maneira que o concello tivese un patrimonio neto negativo nunca se podería chegar a dicir porque, como é ben sabido, debido a que os balances normalmente confecciónanse utilizando valores contables, a quebra técnica non implica necesariamente que se produza unha declaración de quebra formal.
TRISTE REALIDADEAgora mesmo a triste realidade non é outra que a actual coñecida por todos. Aínda que moitos son os que pensan que non habería que esaxerar e que a situación é moi difícil, ata algúns opinan que non sería bo crear unha alarma social nun asunto tan delicado. Pero cando estamos falando das nóminas de traballadores municipais, os alcaldes dos concellos afectados terían, polo menos, que recoñecer abertamente esta dificilísima situación a máis diso admitir que xa se poderían ver este mesmo ano en apuros para pagar as extras de Nadal e todo iso sen andrómenas de ningunha clase. Esa triste realidade non é outra que, que como dicía o xornalista Xavier Navaza (O Correo Galego, corenta concellos están apunto de traspasar a fronteira da insolvencia ( se non a traspasaron xa).Endexamais na historia contemporánea Melide atravesou unha situación económica semellante a actual, na que para os populares melidenses está a ter moito que ver (por non dicir que é froito de) o desgoberno que sufre o noso Concello nas mans do bipartito BNG-PSdeG-PSOE.
O Partido Popular de Melide hai varios meses que sacou á luz pública que dende o Concello se pedía un préstamo para pagar nóminas, algo que nun principio negou o Concelleiro de Facenda, Xosé Antonio Díaz Rodríguez (BNG) e, que despois máis tarde recoñeceu, pero tan só unha pequena parte. Agora xa non o di o PP de Melide, senón o Consello de Contas e a Cámara autonómica de Galicia que fixeron pública unha relación de Concellos que no 2010 entrarán nunha situación económica de crack técnico. Aínda así, tamén negará alcaldesa Socorro Cea (ou o que a protexe, neste caso o seu fiel Concelleiro de Facenda), que isto está a ocorrer.
NEGACIONS SISTEMATICASDe tódolos xeitos estamos afeitos a que o neguen todo a pesar de que ó cabo do tempo o teñan que recoñecer. En realidade, para o PP de Melide, e que o goberno municipal (máis ben poderíase dicir desgoberno) xa está afeito a facer e actuar desta forma. Sirvan como exemplo algunhas das últimas obras do plan E adxudicadas cos informes negativos dos técnicos, sen permisos de organismos autonómicos e mediante fraccionamento de contratos. Primeiro negárono e despois recoñecérono en parte. Ou préstamos para o pago de nóminas, que tamén negaron e ó cabo duns días dixeron que fora destinado tan só unha pequena parte. Recibos de lixo e vaos, negan que non vaian a ingresar 300.000 € pero admiten que no ano en curso non se pasará ó cobro os recibos, entón de onde veñen os cartos. Todo isto demostra de xeito evidente a política errática e chea de erros do bipartito melidense, máis profunda, se cabe, na súa política económica.
O Partido Popular de Melide opina que, agora, despois de 2 anos e medio de goberno BNG-PSOE, o concello melidense está coa soga ó pescozo, nunha situación económica de crack técnico para o próximo ano (se é que xa non estamos neste). Cousa que é moi triste para un pobo como Melide, que está a perder corda no seu desenvolvemento, nas súas infraestruturas, no seu dinamismo social e de poder ter una entidade e respecto como sempre tivo. Para O PP os melidenses no se merecen isto polo simple feito de ter uns gobernantes aos que se lles fixo moi grande o concello e só parecen preocuparse dos seus opositores políticos, do Partido Popular, en vez de preocuparse realmente polos cidadáns.