A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten aberto para o ano 2010, o prazo para a participación nos
Campamentos de Verán para rapaces e rapazas
que teñan cumpridos os 9 anos ata os 17.
Nesta campaña tamén están incluídas actividades de lecer e tempo libre para mozos e mozas que xa teñan cumplidos os 18 anos ata os 35.
RESERVA DE PRAZAS E INFORMACIÓN
A reserva podéla facer a partir do 9 de marzo
ata o 22 de marzo incluído, na
Oficina de Información Xuvenil do Concello de Melide (Edificio Multiusos), donde te informaremos de todas as actividades e campamentos que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e tramitaremos a túa solicitude.
Ademais, se posúes o
carné xove xa tes un desconto do 25 % sobre os prezos establecidos nos folletos.Os que posúan o título de familia numerosa tes un desconto do 50%. Ambos descontos non son acumulables.
Máis información na Oficina de Información Xuvenil (Tlf: 981.50.79.29)