NADA QUE REPROCHAR ...MOITO QUE AGRADECER..................
Cire Melide 2-Brexo Lema 4. ---Goles de Garea e Popitas
Kachón, Alberto, Luigi ( Garea), Bruno, Deve ( Manu), Armando, Suso ( Fernando), Krinkas ( Jechu) ( Pucha) , Peque, Popitas e Ico, pero tamén tivemos o alento, a compaña e os mensaxes de Miki, Iván de Boimorto, Perilla, os lesionados de Rouco, Mark, Buján, Rafiña e o Presidente honorifico Alfonsito.
Non vale de nada poñer excusas, nin buscalas,.....nin o tempo caluroso, nin unha arbitraxe sibilina e premeditada......... non hai culpables neste plantel de valerosos homes, só un pero ..que os redime a todos eles de calquer sentido de fustración.........CHEGAMOS SEN GASOLINA A ESTA FASE DE ASCENSO......
e ise detalle, moitas veces imperceptible para o resto dos mortais ( afeccionados, directivas..propios xogadores..que non entenden o baixón dos seus compañeiros..en momentos transcendentais)...son debido a unha planificación deportiva que recae na parcela técnica.
Se vos son sinceiro co equipo que tiñamos non contei que chegaran tan lonxe, nin que a tempada se nos fixera tan custa arriba neste treito final, ao que sumado ás numerosas lesións, todo se compricaba.
No duelo de ida , pesie a ser sempre optimista, xa vin o panorama moi claro...e xa sabía cal ía a ser o resultado de volta....pero eso non o podes transmitir a teu plantel...que nunca arrebolou a toalla..sería fundilos....para que nos fagamos unha idea concisa da situación é como dicirlle a Fernando Alonso que gañara o mundial de fórmula 1 o ano pasado con renault.......EU TIÑA OS MELLORES PILOTOS..pero non a máquina adecuada..para este treito....final
Sintoo por eles...unha fase de ascenso é unha experiencia única.....pesie ao varapau......reafirmo os calificativos sobre os meus xogadores....SON OS MEUS ÍDOLOS...e agradézolle a posibilidade outorgada de poder soñar coa épica ata este domingo.
Non podo felicitar ao Brexo, a eles doulles a noraboa polo ascenso, xq chegaron + enteiros ......FELICITAR..FELICITO A MIÑA.........A NOSA.............A MELLOR AFECCIÓN............QUE NON É OUTRA QUE OS SIAREIROS INCONDICIONAIS DO CIRE MELIDE....
Na nosa casa, cos festexos a punto, coa ledicia de revivir unha nova e brillante páxina....aguantaron o chaparrón que nos caía...ata o minuto final..sen ningún tipo de reproche. Non é doado,neses momentos de baixón, desilusión e tristura ,manter o tipo pero deron toda unha lección cívica de comportamento, SEÑORÍO E SABER ESTAR.......A ESA XENTE É A QUE LLE PIDO PERDÓN POR DEFRAUDALOS ....
Melide está crecendo, en tres anos disfrutou dun ascenso e dunha promoción, ten un pobo cun valor humano incalculable, e dispón dun presidente, Jesús Pampín, e unha directiva ( paco, riki, emilio, kiko, ino, urbano, ayala...etc..etc..etc..) involucrada nun gran proxecto, ao que deben dar soamente algunha pincelada, pero sobre todo teñen un equipo de fútbol, conformado non por xogadores...se non por IRMÁNS..IRMÁNS CASE DE SANGUE , que a pouco que o propoñan están destinados a firmar uha década prodixiosa de moitos éxitos....sen esquencer nunca os principios básicos deste deporte...non hai inimigo pequeno nin rival invencible.
Se son capaces de conxuntar esforzos, de remar na mesma dirección, de comprender e axudar ao compañeiro......de incentivar e motivar ao entorno, e sobre todo a eles mesmos......SE SON CAPACES DESO... non teño dúbidas..de que o éxito está encamiñado....
Xa para despedirme, agradecer nestes 11 meses, na parcela técnica a axuda inestimable de FERNANDO TORREIRO E RUBÉN MELLA, cicerones na miña estadía en Melide e da nosa rapaciña, LORENA PAMPÍN, coidando , traballando e facendo horas extras cos meus chacaritas, aplicando case sempre curas miragrosas.
os futbolistas teñen o 90 % da culpa desta gran tempada, o outro 10% correspóndelle a este excepcional grupo de traballo antes mencionado.
gracias tamén a nivel particular, a Amiguete e Moncho, polo vídeo e polas fotos, serán recordos que moitos non lle dan valor agora , pero co paso dos anos terán un prezo sentimental incalculable....E AGORA A DISFRUTAR DAS VACACIÓNS + QUE MERECIDAS......................pero recordade chacaritas coa cabeza alta.................
NON VOS HAI NADA QUE REPROCHAR ..........E SI MOITO QUE AGRADECER.......
unha aperta, francis sixto