
Os alumnos de 4º de ESO de Humanidades quixeron rescatar un libro duna queima universal, igual que facían os homes-libros da película
Fahrenheit 451, baseada na novela de
Ray Bradbury. Entre eles atoparedes, dende obras clásicas até a literatura xuvenil máis recente. Este traballo fíxose gracias á colaboración de Carla Río Vea. Estes foron os
rapaces e os libros que escolleron.

Neste mes de abril , xa rematado, no IES de Melide levamos a cabo distintas actividades relacionadas cos libros e a lectura. Participaron alumnos de case todos os grupos: neste espazo imos facer unha referencia ao traballo dos alumnos de 1º da ESO, 2º da ESO , 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
E TI , PARA QUÉ LES? NA PROCURA DO AUTOR AGOCHADO
No taboleiro exterior da biblioteca estaban as imaxes de sete autores/as literarios. Os alumnos de
2º da ESO debían identificar, alomenos, a cinco
del@s , atopar unha obra súa e escribir a referencia bibliográfica. Logo debían respostar á pregunta,
e ti, para qué les? Os autores eran Miguel Hernández, Miguel Delibes, Uxío Novoneyra, Afonso D.Castelao, Emilia Pardo Bazán, Fina Casalderrey e Eduardo Pondal.Resultaron gañadores, Iván Enríquez Abad, Christian
Enjamio Garea e Adrián Carril García, que foron agasallados cunhas pequenas mochilas de Bibliotecas Escolares cunhas sorpresas dentro delas. As súas razóns para ler?. "
para aprender cousas novas,
desenvolver a mente", di Iván, "
para me divertir e pasalo ben" según Christian, e "
para imaxinar unha historia na miña mente, descubrir novos mundos e desprenderme do real" é a opinión de Adrián. Todas elas boas razóns para disfrutar e coller o hábito da lectura.
POESÍA ALBOROTADA Un forte vento, típico da vila de Melide, fixo estragos nunha serie de versos, de tal maneira que todos eles quedaron "
alborotados". Os encargados de ordealos foron os alumnos de 1º de BAC. A golpe de consulta puramente bibliotecaria, ordearon un "poema" composto por 22 versos correspondentes a 11 autores de moi distintas épocas: así aparecían misturados dende
"caminante, no hay camino", pasando por
"verde, que te quiero verde","vivo sin vivir en mí" e o final máis poético que se puido atopar:
"poesía.... eres tú". Os alumnos debían colocar os versos debidamente, localizar a obra, o autor e a época do mesmo.Os gañadores foron : Estefanía García e Patricia Méndez,
ex aequo en
1º BAC/A, Iván Vázquez en
1º BAC/B e Beatriz Pumar en
1º BAC/C. Todos eles recibiron un pequeno agasallo dun bloc e uns separadores de Biblotecas Escolares .

TURBILLÓN DE POESÍA
Este ano deunos polo vento e os versos desordeados. Polas ventás da clase de 1º da ESO entrou un furacán que provocou un verdadeiro turbillón de poesía: os alumnos tiveron que rescatar e poñer orde nos versos espallados. Os máis rápidos foron: Cristina García e Xoel García de 1º ESO C e Alba Carreira e Belén Casal de 1º ESO B.
