Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}
A pouco que sigamos a folla de rota trazada polo PP para socavar os maltreitos alicerces da lingua galega, constataremos que estes primeiros anos de goberno da era Feijoo están a resultar ben peores que os da era Fraga. Algúns ata botamos de menos aquel laissez faire de don Manuel, que incumpría flagrantemente calquera normativa normalizadora aprobada polo seu propio goberno, pero ao que non se lle ocorreu nunca nin rozarlle a fazula ao noso idioma. Feijoo é un mozo máis desinhibido, sen complexos á hora de amosar as súas intencións. Sabedor de que quen defendemos o galego só somos os de sempre e do doado que é afalarnos cos demagóxicos, e tamén cínicos, dardos de “intolerantes” e “impositores”, este xenio das mordazas está levando a súa intelixente e travestida represión lingüística a uns extremos nunca acadados na historia desta democracia imberbe na que as liberdades sempre estiveron condicionadas á gordura das cifras nas contas bancarias.
Precisamente, estes días houbo unha nova que me fixo reflexionar, unha vez máis, sobre a suposta liberdade de expresión e de medios de comunicación que existe no noso país en relación á lingua galega. Nos últimos meses, asistimos impotentes ao peche de dous medios de comunicación que xa comezaban a ser uns clásicos entre o pouquiño que se publica en lingua galega: Vieiros, o xornal dixital decano da Galiza; e A Peneira, periódico mensual arraiano e miñoto nas orixes que, nos últimos anos, estaba a tomar unha decidida vocación de país. O peche de medios en galego culminouse esta semana co histórico A Nosa Terra, semanario creado en 1907, con altibaixos ao longo da súa historia que pousaron pedras fitas na nosa memoria como o fusilamento do seu director, Victor Casas, no 36. A Nosa Terra conseguira publicarse de xeito ininterrompido nas últimas décadas dende o 4 de decembro de 1977. Pois ben, agora Feijoo conseguiu que A Nosa Terra deixase de publicarse na súa edición impresa por falla de medios financeiros. Tras desta seca nas contas bancarias da editorial galeguista está o recorte drástico das axudas ás publicacións en lingua galega. Se co bipartito estas axudas chegaron a ser de 900.000 euros, agora a nova Xunta recortou ata 63.000. Dado que este tipo de navalladas se gozan máis dadas entre risos, xusto o día despois en que A Nosa Terra anunciaba o cese da súa edición impresa, a Xunta publicaba no DOG un aumento da partida orzamentaria destinada a estas axudas do 530% (veñen de incrementarse ata 400.000 euros). Velaí o chiste. Nin sequera podemos acusar agora á Xunta de non dar cartos aos medios en galego. No gabinete do Feijoo deben estar escachando coa risa. Eu, persoalmente, non lle vexo a gracia. Nin que cos meus impostos se estea a lubricar con centos de millóns, dende a Xunta, aos medios de comunicación en castelán do meu país que, dito sexa de paso, van levar un bo belisco coa macrocampaña publicitaria a prol do decretazo contra o galego que arrinca agora –a data non é inocente- a comezo de curso. Xa non quero pensar nos tres millóns de euros que nos vai custar a urbi et orbi de Ratzinger –e recortando gastos, oes-, ou os centos de millóns que ingresan certas cabeceiras por imprimir DOG e BOPs nas súas rotativas. Co cal, meus, se a alguén se lle ocorre amentar a liberdade de mercado como causa principal do peche de tantos medios galegos, e a inxustiza de que sobrevivan a base de subvencións, pois se cadra, entón, eu tamén hei escachar coa risa. Ou senón, botádelle un ollo a esta recompilación de novas na web Menéame; non ten desperdicio. De tanta risa, xa choro.


Cadrou que, nas últimas semanas, pasaron polas miñas mans os versos de dous poetas cuxos versos adoitan a encadrarse dentro dunha poesía social e de resistencia moi evolucionada e distante con respecto á que dominou o panorama literario do tardofranquismo. Para min, este tipo de poesía, máis que de loita, paréceme total, absoluta, unha escrita que non renuncia a fincar o dente en ningún estrato da realidade, compromiso dende o máis baixo instinto ata os cumes das máis etéreas ideoloxías. Estou a falar do noso
No libro de Ferrín, quitando a segunda parte (Sombra de marbre e viño), na que concentra a poesía puramente amatoria do libro e que vexo demasiado influída polas modas poéticas dos oitenta, quedo co antepenúltimo poema, Camiño sen volta, no que o poeta ourensán conxuga con singular mestría o amor e o erotismo coa loita e a utopía nunha composición de forte latexo vitalista. A segunda e terceira estrofas son boa mostra desa conxunción, debuxándose ao final unha poderosísima imaxe da liberdade cobizada que merecería figurar en calquera antoloxía de poesía galega. Gustade:
En Cántico de la erosión, primeiro poemario publicado dun novísimo Jorge Riechmann (daquela tiña 25 anos e fixérase co Premio Hiperión de Poesía, ex aequo con

Vénme agora á mente este poema porque a primavera, aínda que non chegamos a maio, leva unhas semanas fachendeando nas súas mil e unha manifestacións. Aquí, en cas Xosi, as azaleas xa hai ben tempo que floreceron e, dun par de semanas a esta parte, a cerdeira fíxoo en todo o seu esplendor; ao mesmo tempo que a 
Pareceume axeitado traer o
Non son un sentimental, mais hai veces nas que agradezo que unha historia remate con final feliz. Sombras, rosas, sombras, (
oceánica, en perpetua noite, friaxe e invernía; pero tamén a vivencia plena do presente. Na última parte, Teoremas, o dicir de Penela virará cara a un estilo moito máis esencial e puro, virará cara á afirmación vital, náufrago abafando nas areas mornas dunha illa salvífica, rosas no medio das sombras.

"E recende o teu corpo a música esculpida"
O poemario Sombras, rosas, sombras, cuxo título toma
Saco a colación a Carlos Penela porque un poema seu, aínda que fose dende unha órbita ben distinta, tamén veu a evocar, como as mazás de González Garcés, ese sentimento de apreixar un anaco de luz e calor na escura intemperie da vida. O poema de Penela ao que me refiro inspírase nun texto de 