Louis Armstrong, alias Satchmo, é, sen dúbida, a primeira grande figura do canto de jazz, ata o punto de que se lle atribúe a invención do canto scat (cantar improvisando sílabas sen sentido) e a súa carreira foi tan dilatada que aínda no ano 1964, conseguiría desbancar aos Beatles do número un das listas de vendas coa gravación do que sería o seu maior éxito, "Hello Dolly".
A outra figura decisiva do canto jazzístico da primeira época é a inigualable Ella Fitzgerald, habitual colaboradora de Armstrong e referencia indiscutible para todas as vocalistas de jazz ata os nosos días, tanto pola irresistible calor que emana da súa voz como por un fraseo completamente evolucionado e que levou a improvisación vocal ata uns límites de elegancia todavía non superados. Aquí vola deixo cunha versión da que para min é unha das mellores cancións escritas nunca. A ver quen a recoñece. Unha pista: existe unha versión en español para unha película do mesmo nome.
Billie Holiday, chamada realmente Eleanora Fagan Gough, é outra das cantantes que máis contribuiu ao lanzamento do jazz como o grande xénero musical do século XX e como a gran aportación norteamericana á cultura universal. Deuse a coñecer da man do mítico productor John Hammond, quen conseguiu que puidera realizar varias gravacións con Benny Goodman, virtuoso do clarinete e músico revelación do momento. Sen embargo, o principal acompañante que tivo ao longo da súa carreira foi o seu marido e tamén importantísimo músico de jazz Lester Young. Esta é unha gravación en directo cunha das orquestras máis importantes da época, a do pianista Count Basie.
Sara Vaughan cerra a triloxía das grandes divas do jazz dos anos dourados. Criada musicalmente en Harlem (anque era orixinaria de New Jersey, coma Jay e Bob "El Silencioso") participou de maneira decisiva na renovación que a nova xeración de músicos neoiorquinos estaba levando a cabo, era o bebop abanderado por Charlie "Bird" Parker e Dizzy Gillespie. Deixovos coa súa estupenda versión do tema central do clásico "The Wizard of Oz", a fermosa "Somewhere over de rainbow".
Nat "King" Cole pasou a súa infancia en Chicago nos anos 20, cando esta era a principal capital do jazz. O seu pai era predicador da Igrexa Baptista e a súa nai era a encargada de tocar o órgano. Foi a única profesora de piano que tivo na vida. Influenciado pola tradición do gospel e das correntes jazzísticas que triunfaban entón na cidade, non tardou en acadar certa fama a nivel local, onde o rebautizaron co apodo de "King" co que pasaría á historia, máis sería a raíz do seu traslado a Los Angeles cando daría o definitivo salto á fama, chegando a actuar como pianista acompañante con artistas da talla de Lionel Hampton. Foi o primeiro afroamericano en ter o seu propio programa de radio e foi un importante activista a favor dos dereitos civiles da poboación de cor, convertindose nun icono á altura do mesmo Martin Luther King. Esto é "Sweet Lorraine", doce Lorena.
Bing Crosby foi un dos primeiros artistas multimedia. Entre 1934 e 1954 tivo un case imbatible éxito de vendas cos seus discos, grandes ratings en tódalas emisoras de radio e películas mundialmente vistas. Adoita ser considerado como un dos actores musicais máis populares da historia e é a voz máis gravada electrónicamente de tódolos tempos. Ademáis foi a principal influencia da seguinte xeración de cantantes de jazz masculinos, que inclúe, entre outros, a "desconocidos" como Frank Sinatra, Dean Martin ou Perry Como. Se alguén ten dúbidas sobre a actualidade de este artista, que lle bote un vistazo ao seguinte vídeo. Creo que en canto coñezades ao seu compañeiro cambiaredes de opinión.


