Canto tempo !!! Pero agora teño unha noticia, a
miña crónica do Rock e Motos. Este fin de semana celebrouse en
Pallatium Regis a XII edición do festival Rock e Motos No Camiño. As
actuacións comezaron o día 22, e tivemos
unha actuación por día ata o 26, menos
o día 24 que Batuka Tabanka deixou tirada a organización e non se molestaron en avisar. Logo a noite do
venres tivemos o plato fuerte:Empezaba as
23:00 horas coa actuación dos
cubanos de Tendencia, boa xente (xa que puidemos disfrutar da sua compañía na Casa do Outeiro) e bo espectáculo,
con moita forza e enerxía, e contando coa colaboración de
Maxi de Fe de Ratas.O seu estilo metal non é a música que máis me gusta, pero a xente disfrutou coa sua actuación.

Unha hora e pouco despois saliron a escena os
asturianos de Fe de Ratas, un grupo que en
Palas se atopa como na casa, xa que é a su quinta aparición no festival. Sairon con moitas ganas de agradar o público asistente e comezaron con
"Soy la ley", criticando os Estados Unidos, algo que gustou moito a
Tendencia..., co paso do tempo o os asistentes foron entregandose máis e máis, ata tal punto que cando empezou a sonar "
Ammuar" un rapaz do publico saltou a protección, os de seguridade quixerono facer pasar de novo para o seu sitio e
Maxi, nun gran xesto, parou a canción que xa estaba comezada e
invitou a este individuo a subir e cantar a canción co grupo, logo baixarono e regalaronlle unha camiseta dos
Tendencia. A xente saltaba e disfrutaba, pero todo chega o seu fin, pero antes de rematar
Tendencia quixo devolver a colaboración e tocaron xuntos o mítico "
Hasta Siempre". Moi bo concerto, paseino en grande.

E as 2:20 da madrugada salian o escenario Reincidentes, ca voz postrada nunha silla pero eso non foi motivo suficiente para suspender o gran concerto; un xesto que se agradece. Cantas ganas tiña de asistir a un concerto seu. A xente entregouse dende o principio,
"La Republicana", "La ciudad de los sueños", e o momento emotivo da noite,
"Sahara adelante" coa
presencia de tres nenas saharauis, que están de acollida en Pallatium,
suxeitando unha bandeira do seu pobo. Logo de facer un repaso o seu último CD chegou o delirio con
"El comercio del dolor", "Grana y oro" e o xentío perdeu o norte cando sonaron os acordes de
"Vicio" , que pasada!!!!E para rematar volveu a salir
Maxi para facer a sua segunda colaboración da noite.

A noite alargouse na Casa do Outeiro coa música rock sonando sen parar. Donde nos atopamos cos de Tendencia, que tiñan concerto o día siguiente pero querian disfruta da noite de Palas.O
sábado pola tarde, primeiro as
18:30 e logo as 21:00 horas tivemos a actuación de Raul Lerena que nos fixo sair os ollos do sitio cos tremendos
saltos e piruetas a 9 ou 10 metros do chan e sobre unha moto. Logo
piruetas sobre una motoque era unha auténtica bala pero
sen levantar as rodas do chan, ceros, derrapes e "caballitos"; máis ceros, queimada de roda e
reventón final.
As
22:00 horas paellada amenizada por
Os Festicultores, e a xente disfrutou o longo de duas horas cos seus ritmos pegadizos.
E as
12 da noite comezaba unha actuación moi esperada, saia o escenario
Carlos, un rapaz de Pallatium, cos seus compañeiros de
Batea Negra. Os rapaces de Palas pasarono en grande e non deixaron de apoiar o seu amigo, e animárono durante toda a actuación.
"Dolores" de Los Suaves e "Las drogas" de Segismundo foron duas das versións que tocaron ademáis
de cancións propias. Do grupo destacar
a sua xuventude xa que ningun, penso, pasa dos 19 anos, que teñan sorte e que lles vaia moi ben neste mundo tan dificil da música.

No descansiño puidemos disfrutar dun
streeptease femenino e doutro masculino, para deixar paso os
Riff raff, que fixeron bailar e saltar a todo o mundo. Unha gran actuación, e algunha xente cerraba os ollos de dicia
"Os AC/DC están en Palas". Gran actuación dos ferrolans que se fan caso as peticións todas ainda estarían tocando hoxe.

A noite
rematou na Casa do Outeiro, ca xente cansada, pero con ganas de festa. O día siguiente os inscritos na concentración moteira (un bo número deles que deron un gran ambiente a vila) fixeron a
ruta turistica polo concello, disfrutaron dunha
sardiñada e
recibiron máis regalos no sorteo.Agora solo podemos agardar que chegue a
XIII edición, para
seguir medrando e volver a ser o que era.
Un saudo dende Pallatium Regis.