13:30
»
CAN PEXO MELIDE
E certo que existe imaxinación, é certo que se pode vivir nun país con imaxinación, é certo que a imaxinación é poder .... pero tamén é certo ter pouca imaginación cando se percorre certas rúas e portas de persoas vinculadas a unha lista electoral contraria promovendo algaradas e algunha que outra pintada despectiva. Isa imaxinación convérsese en sectarismo i eso é o que están a amosar aqueles do bando nacionalista que endexamáis souperon entender o que era a imaginación ... quizás para eles isa capacidade de imaginación fixo que vivisen nun país tan retrógrado como a súa simpleza mental. Isto contrasta con aqueles nacionalistas rancios e sabios que, aínda no seu ledo interior, amosan un absoluto respeto polos contrarios pois saben que o día de mañá pode vir nubrado.
E certo que o Partido Popular gañou as eleccións pero a posibilidade de pactos determinará, probablemente, un goberno BNG-PSOE. E agora fago esa pregunta tan simple: ¿Será Socorro Cea unha alcaldesa lexítima? Agora cambiarán as tornas e dirán que sí, que o pobo manifestou que Socorro Cea sexa a nova alcaldesa, ainda a pesares de ter menos votos que Anxeles. Certamente causará unha lixeira sorrisa isa contestación pero será a mensaxe a utilizar nos vindeiros anos pola nova alcaldesa (¿). E poño unha interrogante porque aínda teño as miñas dúbidas.
Non, non pensedes que quero que Anxeles pacte có PSOE .... e si chegase a acordos de gobernabilidade en minoría non me parecería fora de lugar ............ pero xa está pactado e Socorro Cea será a nova alcaldesa: os meus parabéns, ainda que non sea coincidente nos ideiais nin nos feitos ....... pero a miña dúbida maniféstase no trato que estivo a recibir Manolo da Noela durante estes últimos anos por parte do BNG: Desafíos persoais; desprezos públicos, o último no debate en Dez TV; presións .... ¿Será capaz de sentarse a dialogar e planificar o futuro de Melide nunha mesa con aqueles que tanto o mallaron?. Pode que sí, pero Manolo da Noela sabe que a súa viaxe política remata nesta legislatura e por iso tamén querrá ter o seu “minuto de gloria” antes de ter que abandoar a política activa. Un candidato que perde case o 50% dos votos respecto ás anteriores eleccións municipais, mentras o seu partido ten un asentamento a nivel autonómico, ten que estar a preparar as maletas polo seu absoluto fracaso.
Anxeles, Anxeles ........Anxeles ......... moitos dos que poidan ollar estas verbas sentirán unha vegoña allea polo feito de non haber traballado arreo por alguén que tentou de dar o máximo de sí .... de pelexar por acadar algo que ela consideraba xusto para quén o pedía ...... e nembargantes recibiu como compensación un languecemento no agradecemento. Hoxe é tarde para lamentacións, hoxe é tarde para ollar atrás e laiarse de non haber traballado algo máis ..... é tarde para os que actúan como cobardes.
Anxeles, Anxeles .........Anxeles .......... algún, a quen posiblemente levarán estas verbas (dicía un amigo meu xa finado ..... “esos perritos falderos”), non é capaz de asumir o seu fracaso e ten o empeño de manter impertérrita a súa alta figura con pés de barro que pouco a pouco está a desmoronarse ... matar matando ..... Qué difícil tiveches e o tés para amosar a túa absoluta independencia, a posta en marcha dun novo proxecto, a aposta por un equipo de xente nova con ilusión. ¡Qué difícil!.
Anxeles, Anxeles ........Anxeles ............tiven a oportunidade de mirar “cara a cara” a eses novos candidatos tra-lo escrutinio - na sede - e amosaron unha explosión de xuventude que non fai máis que alentar ós demáis para continuar.
Anxeles, Anxeles .........Anxeles ...........foron dous segundos de encontro, de mirada cómplice que dixeron todo o que había que decir. Gracias.
..... alguén, poderá decir algún día como foi o dia seguinte de Anxeles tras vencer nas eleccións municipais de Melide ............e ise alguén non dubidará en facelo porque foi algo especial e significativo, algo que clarexa a limpeza de corazón e o sentemento de amistade.
“Toda vida humana es, además un poco misteriosa, cuando no contradictoria. Las luces y las sombras, los aciertos y los errores, las virtudes y los defectos se enlazan necesariamente en ella. Y no siempre responde la imagen pública a la realidad interior. Nadie puede imaginar la amargura que puede esconderse en el corazón, debajo de una cara sonriente; y las luchas que tiene que librar interiormente una persona pública que ha de procurar dar la sensación de tranquilidad, hasta de serena seguridad, como el capitán de un barco que, aún en lo más fuerte de la tormenta, no puede alarmar a la tripulación o a los pasajeros”.
Vicente Enrique y Tarancón.